Dende a súa creación en 2011, o seu visionario espírito e o seu compromiso coa sustentabilidade e as diferentes formas de representación artística, permitíronlle colaborar con marcas consolidadas e importantes institucións, dando froito a unha década de experiencia como catalizador da innovación e a creatividade. Entre todos os seus proxectos destaca o WOS Festival, un evento urbano indoor que ten lugar en varios espazos emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela.